domingo, 6 de setembro de 2015

Reto 1 (segunda parte)

2.-Presenta, describe e analiza un proxecto de referencia (teu, do teu contorno ou coñecido a través da rede).

Incluímos un cuestionario de valoración de proxectos que pode servir como guía para a análise.



Cuestionario de valoracion de proyectos de aprendizaje from Conecta13

Tamén poden ser útiles estes Seis Principios da Aprendizaxe por Proxectos que aparecen na páxina de Eduteka ou esta "folla de control".


venres, 29 de maio de 2015

xoves, 21 de maio de 2015

Presentación

Ola! Chámome Ilda e son profesora de Lingua Galega e Literatura en secundaria. A primeira actividade que propoñedes dende o curso non resulta doada porque non se me dá nada ben falar sobre min. Aínda así, intentareino... 

Son unha persoa constante que intenta solventar os obstáculos a base de forza de vontade e optimismo. Creo no traballo cotián, no día a día, como ferramenta de progreso, especialmente na educación xa que todos os días se debería aprender algo útil.

Encántame viaxar. A calquera lugar. En Galicia, en España... pero a miña debilidade chámase Londres. É unha cidade que me fascina pola súa actividade (de todo tipo), a súa diversidade, historia... Todo me gusta dela, ata a chuvia! Cando vou, traio comigo miles de fotografías de todos os seus recunchos. Tamén me gusta pintar (aínda que é unha actividade que teño un pouco esquecida), facer deporte, ler, escoitar música e moitas cousas máis.

Os desexos que hai na miña cabeza son varios e variados. Dende ter unha maior estabilidade no meu traballo que me permita desenvolver diversos proxectos ata exercer a docencia en Reino Unido. Gustaríame ensinar a miña cultura, lingua e literatura fóra de Galicia, para que o mundo nos coñeza mellor. 

Un proxecto memorable no que tiven a oportunidade de participar foi no Proxecto Interdisciplinar "O camiño dos arrieiros", no instituto de Ponte Caldelas (Pontevedra). Aínda que a actividade xa estaba feita cando cheguei, tiven a oportunidade de coñecer todo o traballo de recuperación desta ruta. Profesorado e alumnado involucráronse dun xeito incrible. Para min, son un exemplo a seguir.

                                                     Imaxe 1.-Traballo en equipo
                                                             Fonte: www.edutecprof.blogspot.com.es
           
                                                                 Imaxe 2.-Motivación
                                                                 Fonte: www.navalonalcalde.es

                                                                 Imaxe 3.-Superación
                                                                    Fonte:www.coachinglab.wordpress.com